Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas pídelles a PSOE e PP propostas antes de decidir se volve mediar na renovación do CXPX

Bruxelas pídelles a PSOE e PP propostas antes de decidir se volve mediar na renovación do CXPX

O presidente interino do órgano, Vicente Guilarte, pídelle a Pedro Sánchez que aclare a súa proposta e advírtelle que "non é admisible" ningunha interferencia do Goberno no nomeamento dos xuíces

G24.gal 13/06/2024 14:58

A Comisión Europea pídelle a PSOE e a PP propostas concretas para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial antes de volver mediar entre os dous partidos. Pronúnciase así tras o ultimato lanzado onte polo presidente do Goberno: se non hai acordo co PP antes de acabe xuño, Sánchez buscará outra fórmula.

Tamén se pronunciou este xoves o seu presidente interino. Vicente Guilarte pídelle a Pedro Sánchez que aclare a súa proposta, pero advírtelle que "non é admisible" ningunha influencia do Goberno no nomeamento de xuíces.

Pero antes de concretar esa reforma, o PSOE vai tentar de novo negociar co PP antes de que acabe xuño. Os populares queren que sexa coa mediación da Comisión Europea, desta volta coa súa vicepresidenta de intermediaria.

"Se realmente queren sentar e acordar, aquí estamos coma sempre, dispostos a facelo", asegurou María Jesús Montero nunha entrevista en RNE. Se non é o caso, a vicepresidenta primeira do Goberno, dixo que terán tomar outras medidas,  "porque o que non podemos é estar deteriorando o funcionamento do sistema de xustiza".

Nin os socios da coalición, nin tampouco os do Congreso, entenden por que o PSOE insiste en negociar un acordo co PP. Para Íñigo Errejón, voceiro de Sumar, "xa non se pode perder máis tempo, hai que modificar por lei a composición do goberno dos xuíces".

O PP di que está disposto a negociar, pero que non vai aceptar chantaxes de Pedro Sánchez.
"Nin os órdagos, nin as chantaxes nin as ameazas se poden admitir no estado de dereito", dixo Alberto Núñez Feijóo no Congreso. En declaracións aos xornalistas, o presidente dos populares asegurou que "se o Goberno pretende asaltar o Estado, xa lle dicimos que non, que non é posible, que con nós non conte".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade