Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas suscita o debate para a vacina obrigatoria na UE

Bruxelas suscita o debate para a vacina obrigatoria na UE

A Comisión apoia impoñer unha PCR ás persoas vacinadas que viaxen dentro da Unión 

Un terzo da poboación europea, uns 150 millóns de persoas, segue sen vacinar 

G24.gal 01/12/2021 17:55

Bruxelas abre o debate da vacinación obrigatoria na Unión Europea. A Comisión apoia impoñer unha proba PCR ás persoas vacinadas que viaxen dentro dos límites do territorio para frear a ómicron. 

A presidenta da Comisión Ursula von der Leyen secunda así as iniciativas que sopesan en varios países, coma Alemaña.

Von der Leyen explicou que a Comisión non ten competencias para introducir a obrigatoriedade, pero considera “entendible e apropiado liderar esa discusión agora”.

“Pensar nunha potencial vacinación obrigatoria na UE é un debate necesario”, engadiu Von der Leyen

A dirixente comunitaria lembrou que aínda existe un terzo da poboación europea sen vacinar, o cal veñen sendo uns 150 millóns de persoas.

Alemaña, disposta a impoñer a vacinación obrigatoria

Olaf Scholz, o que será o novo chanceler alemán, amosouse disposto a impoñer a vacinación obrigatoria en Alemaña, durante a xuntanza que o Goberno federal mantivo este martes cos líderes dos Estados federados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade