Bruxelas subirá aranceis aos coches eléctricos procedentes da China
Bruxelas subirá aranceis aos coches eléctricos procedentes da China
Bruxelas cumpre coa ameaza de subida arancelaria polos subsidios da China aos seus coches eléctricos. Toda esa industria do motor impulsada grazas ás novas baterías eléctricas goza de axudas públicas. Grazas a iso, inunda o mercado europeo con prezos baixos, segundo o sector.
Os coches eléctricos de SAIC terán que pagar un 38 % máis de arancel nas aduanas europeas. Os de BYD, principal fabricante chinesa de coches eléctricos, unha taxa adicional do 17,4 %. E os da coñecida Geely un 20 % máis. Non son as únicas, o resto do sector sufrirá un gravame extra do 21 %. E se non cooperan na investigación de Bruxelas, aumentará ao 38 %.
Agora teñen un mes para recorrer, antes de entrar en vigor. Pero todo apunta a unha guerra comercial entre a UE e A China polos coches eléctricos.