Buscan un asasino en serie en Bilbao que contacta a través dunha app de citas
Buscan un asasino en serie en Bilbao que contacta a través dunha app de citas
Unha vítima sobreviviu e a policía conseguiu identificalo
A Ertzantza atribúelle catro asasinatos de homes homosexuais
Buscan un posible asasino en serie en Bilbao que matou varios homes cos que contactara a través dunha aplicación de citas para homosexuais.
Na zona vella de Bilbao vive a última vítima, a que logrou sobrevivir e denunciar o seu agresor, un individuo de entre 20 e 30 anos.
Esta denuncia foi decisiva para poñer a Ertzainza sobre a súa pista, porque nesta mesma zona o sospeitoso esqueceu unha mochila na casa doutra vítima que contiña documentos e un frasco con éxtase líquido.
"Unha droga que provoca somnolencia e cefaleas, e que é difícil detectar na bebida porque é líquido e incoloro", di Koldo Callado, profesor de Farmacoloxía da Universidade do País Vasco.
Atribúenselle, de momento, 4 asasinatos entre setembro e outubro de 2021 doutros tantos homes cos que contactaba a través dunha aplicación de citas para homosexuais.
Con todos utilizou o mesmo modus operandi: quedaba no domicilio das vítimas e despois de subministrarlle a droga, facíase coas claves das tarxetas e outros datos bancarios para saquearlle as contas.
Ten numerosos antecedentes penais e segue en paradoiro descoñecido.