Christian, o neno que pilota karts a 100 km/h: "Cando te acostumas, parece pouco"
Christian, o neno que pilota karts a 100 km/h: "Cando te acostumas, parece pouco"
Con só 11 anos, xa é un dos favoritos no campionato italiano
Na Zona Mixta da Radio Galega foron ata Italia para falar con Christian Costoya, o rapaz de Silleda que soña con chegar dos karts á Fórmula 1
400.000 euros de gasto
Marcos Costoya, seu pai, explicounos o que supón ter en Italia a Christian competindo
"Estamos agora a 50 quilómetros de Bérgamo con Christian. Nun campionato deste tipo gastas 400 mil euros fácil. Nós temos apoios de empresas da zona, o Concello de Silleda e o equipo italiano que nos apoia e o que máis aporta. Pero claro, ao primeiro, cando empezaba nós temos posto moito"
"Pasamos 30 semanas fóra de Silleda"
Só ten 11 anos, pero xa levanta trofeos
Christian pilota karts a 100 quilómetros/hora e non se corta:
"Fun un dos máis rápidos nestas prácticas, parece que a cousa vai ben. Os rivais esperan por min na pista, como son algo favorito agardan que suba ao kart. Imos axustando o coche. Neste circuíto collo 102 km/h, noutras pistas chegas aos 110. A primeira vez paréceche moito pero cando vas correndo paréceche pouco"
"Gústanme Lecler e Verstappen. Cando os vexo na tele inspíranme moito"
Deporte e lecer
Marcos Costoya: "Cando pasas moito tempo coma el fóra da casa, espile moito. Por iso fala tan ben e se desenvolve, incluso en italiano. Pero aínda que corre, para el tamén hai moito xogo. Xoga tantas horas como practica co kart".
"O obxectivo claro que é a Fórmula 1, pero son palabras maiores. De momento vai ben".