Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero e Louzán coinciden por primeira vez mentres segue a lea polas sedes do Mundial

Caballero e Louzán coinciden por primeira vez mentres segue a lea polas sedes do Mundial

Caballero: "Vigo debe ser sede do Mundial. Con Louzán non vou falar en privado porque non me fío"

Louzán: "A resposta da afección de Galicia foi magnífica"

Rodríguez Uribes: "Louzán está na idea de que Vigo e Valencia poidan estar"

G24.gal 09/04/2025 07:27

Abel Caballero, alcalde de Vigo, e Rafael Louzán, presidente da Real Federación Española de Fútbol, coincidiron por primeira vez despois de toda a lea das sedes do Mundial 2030. Foi unha relación tensa a que se viviu no palco e o mandatario vigués seguiu insistindo na súa idea. "Vigo debe ser sede do Mundial. Con Louzán non vou falar en privado porque non me fío" asegurou antes de comezar o partido. 

Na mesma liña se manifestou o Presidente do Consello Superior de Deportes Rodríguez Uribes: "Vigo ten un estadio magnífico e debe ser sede do Mundial. Cónstame que a Federación e o señor Louzán están traballando para que Vigo e Valencia estean entre as sedes elixidas e poidan ser trece". 

Rafael Louzán non quixo entrar no debate e falou unha vez rematou o partido. O presidente da RFEF quixo agradecer o apoio da cidade de Vigo ao partido da selección feminina, un martes ás 19:00 no que houbo máis de 16.000 espectadores nas bancadas de Balaídos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar