Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cada vez máis galegos se animan a vender a roupa que non usan e a comprar pezas de segunda man

Cada vez máis galegos se animan a vender a roupa que non usan e a comprar pezas de segunda man

Segundo unha páxina de compravenda en liña de roupa usada, 8 de cada 10 galegos venden algún artigo que xa non quere

G24.gal 10/04/2024 14:45

Cambiamos de estación e toca ordenar o roupeiro. E nesas non só retiramos a roupa de inverno, senón que moitas veces descubrimos cousas do ano pasado que xa non nos gustan ou que non nos serven e decidimos desfacernos delas. Segundo unha páxina de compravenda en liña de roupa usada, 8 de cada 10 galegos venden algún artigo que xa non quere. Un xeito de gañar espazo e recuperar parte do investimento.

"Cando un empeza a facer sitio para a roupa da nova estación atopas roupa que nin sabías que tiñas".

Pezas esquecidas, que xa non nos agradan ou que xa non sentan como un quere. Pero fai falta o sitio no roupeiro.

"Roupa que xa non me gusta ou non me poño. Para tela ocupando sitio no armario é mellor desfacerse de ela".

Ou simplemente temos demasiada. Quen non comprou algo ao que nunca lle deu uso. Hai quen as regala. Pero cada vez máis hai quen decide vendelas e recuperar algo de cartos.

"Máis ben vendo que compro. Para recuperar espazo no roupeiro, pero tamén conseguir algo de cartos".

Tamén quen compra. A roupa de segunda man é un negocio.

Laura Coroas, que rexenta en Lugo a tenda de segunda man Madame Déficit, di que "a xente se está animando moito a este tipo de operacións, especialmente as novas xeracións, que non teñen prexuízos sobre a roupa de segunda man".  

Porque as modas son cíclicas e as tendencias regresan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos