Darlle unha segunda vida á roupa ao tempo que se colabora cun fin solidario
Darlle unha segunda vida á roupa ao tempo que se colabora cun fin solidario
Roupa de primeiras marcas a prezos accesibles. É a proposta que fan as influencers nun novo mercado que desta volta ten como escenario un centro comercial de Culleredo.
"Trouxen un pouco de todo como pantalóns, vestidos, chaquetas. Roupa sobre todo de cara ao verán", di María Tilve [@mariatilve]. Iria Lata [@myblueberrynightsblog] explica que "fun nai hai pouco, entón trouxen moita roupa que xa non me serve dende vestidos de festa, moitos pantalóns levi´s ou traxes completos". No caso de Martina Lubián [@martina_lubian] indica que trae "roupa vintage que merquei nos últimos anos, pero son cousas que pós unha ou dúas veces e logo quedan no roupeiro e morren aí. Así que é mellor darlle unha segunda vida a estas prezas".
Son seguidas nas redes por milleiros de persoas e este espazo é para elas unha oportunidade de manter un contacto máis directo e persoal co seu público. Bolsos, zapatos, lentes de sol ou produtos de cosmética completan a oferta.
"É verdade que as pezas máis exclusivas xa se venderon a primeira hora da mañá, pero seguiremos traendo máis cousas", apunta María Tilve [@mariatilve]. Continuará ata o sábado. Parte da recadación irá destinada á Asociación Galega de Afectados pola ELA.