Publicador de contidos
Publicador de contidos

O uso da máscara en farmacias e hospitais ten os días contados

O uso da máscara en farmacias e hospitais ten os días contados

A fin da emerxencia internacional pola covid-19 fai previsible a supresión da súa obrigatoriedade nestes espazos

G24.gal 06/05/2023 14:09 Última actualización 06/05/2023 14:41

Despois de máis de tres anos desde que comezara a pandemia, a Organización Mundial da Saúde decidiu poñer fin á emerxencia internacional pola covid-19. E cada vez está máis preto a eliminación do uso da máscara tamén no interior das farmacias e dos hospitais.

O director da OMS dicía literalmente que "todos estamos cansos da pandemia e queremos pasar páxina". Para facelo é necesario eliminar das nosas vidas o gran símbolo da pandemia, as máscaras. 

A pandemia continúa, porque segue habendo casos, porque segue habendo hospitalizacións e porque existe a covid persistente. O virus segue entre nós, quedará como outro virus respiratorio máis, mentres a inmunidade, no primeiro mundo, é unha realidade.

A mellora da situación, con menos mortos e máis inmunidade, afástanos do uso xeneralizado da máscara. 

"Hai que ir suprimíndoa xa da globalidade, pero sempre vai haber nichos onde a máscara ten que seguir sendo unha medida de seguridade razoable. En áreas oncohematolóxicas, en doentes que ingresan con infeccións respiratorias, que seguen ingresando aínda que non sexan por coronavirus, aí non pasa nada porque as visitas médicas se realicen con máscara", aclara Javier de la Fuente, xefe de medicina interna do hospital Rivera Povisa de Vigo. 

Sociedades como a asiática xa facían uso dela antes da pandemia, para non respirar contaminación e por respecto social. En occidente, antes da pandemia unha máscara era algo alleo e esaxerado. Hoxe moitos din que a seguirán usando nos hospitais aínda que non sexa obrigatorio levala. 

O virus SARS-CoV-2 segue sendo a causa, segundo a OMS, de 500 mortes diarias no mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar