Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae Jessica Bouzas na primeira rolda de Wimbledon

Cae Jessica Bouzas na primeira rolda de Wimbledon

G24.gal 06/07/2023 14:38

Non puido ser. Jessica Bouzas despois de agardar 2 días polo seu partido de primeira rolda non foi quen de superar a ucraína Kalinina.

Comezou a vilagarciá o encontro de maneira dubitativa, cedendo os seus primeiros xogos ao servizo, mais co paso dos minutos foi atopándose na pista e conseguindo boas sensacións.

A número 26 do mundo foi quen de exercer o seu dominio e, pese a bos puntos de Jessica Bouzas, demostrou o seu enorme nivel cun 6-4, 6-3.

Jessica marcha de Wimbledon logrando a súa primeira clasificación a unha fase final dun Grand Slam na súa estrea en partido oficial en herba. Entrevese un futuro moi prometedor para a tenista vilagarciá e para o tenis galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade