Publicador de contidos
Publicador de contidos

O consumo de peixe descende entre os máis novos

O consumo de peixe descende entre os máis novos

A falta de tempo, o prezo e a complexidade da preparación, entre os principais motivos desta caída

O salmón, aínda sendo máis caro, é o preferido

A mocidade argumenta que non ten tempo para elaboracións complexas
G24.gal 02/07/2024 14:55

"É unha realidade, eu non como case peixe. Comerei como cada dúas semanas ou tres un pouco de peixe", apunta unha rapaza.

O consumo de peixe entre a mocidade segue caendo malia os esforzos en deseñar campañas publicitarias para intentar disuadilos. Argumentan falta de tempo.

"Non temos case tempo. Eu polo menos, que estou agora con exames, como para poñerme a facer un peixe, a verdade non me dá tempo. Prefiro facer comidas rápidas, sobre todo pasta, e se iso botarlle un pouco de atún, pero nada elaborado", continúa.

Por sorte, non todos opinan igual.

"Tampouco fai falla facer cousas moi complexas, é algo moi simple, e non vale como escusa como tal". "Ao final é o mesmo fritir un cacho de peixe que un filete". "Tarda pouco tempo en cociñarse, está moi rico, que máis se pode pedir", apuntan outros.

O prezo tamén é outra razón para non comer peixe, segundo o último informe de consumo alimentario.

 "O prezo si que é certo que agora está un pouco máis caro, especialmente algúns, pero sempre se poden atopar cousas coas que facer cousas bastante ricas", opina un rapaz.

"Uns rapantiños ou así están máis baratos que o salmón", explica María José Caamaño, peixeira.

E é que, contraditoriamente, o salmón, que non é barato, é dos peixes preferidos pola mocidade.

"Os mozos o que máis levan é salmón e xoubas e rapantes, pero o salmón é o que máis levan", informa a peixeira.

"Marídano mesmamente para facer o sushi, que está moi de moda, atún, salmón, si", explica Antón Bermúdez que tamén é peixeiro.

Tampouco serve a escusa de ter que limpalo, porque en todas as peixerías xa o venden incluso fileteado ao gusto do consumidor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos