Calculan o custo económico dos disturbios de Francia en 1.000 millóns de euros
Calculan o custo económico dos disturbios de Francia en 1.000 millóns de euros
Macron recibiu os 200 alcaldes afectados pola vaga de protestas que envolve o país
A escalada de violencia decae en Francia, con só 70 detidos e 160 vehículos queimados
O presidente Enmanuelle Macron recibiu no Palacio do Elíseo os 200 alcaldes afectados pola vaga de protestas que envolveu o país na última semana coa idea de atallar a crise e tomar algunhas medidas.
Calculan que o custo económico dos disturbios ascende a mil millóns de euros mentres que Macron xa estuda sancións económicas ás familias de menores responsables dos actos vandálicos.
A pasada noite de disturbios en Francia rematou con máis de 70 detidos, o cal confirma unha desescalada da violencia xusto unha semana despois do inicio da vaga de disturbios.
O Ministerio do Interior informou tamén de 24 edificios danados, 159 vehículos queimados e máis de 200 pequenos incendios polas rúas nesta sétima noite de protestas.