Publicador de contidos
Publicador de contidos

California loita contra 17 incendios forestais no medio dunha vaga de calor extrema

California loita contra 17 incendios forestais no medio dunha vaga de calor extrema

O máis importante, ao norte dos Ánxeles, xa arrasou máis de dez mil hectáreas

G24.gal 10/07/2024 14:16

California traballa na extinción de dezasete incendios forestais no medio dunha vaga de calor que afecta os estados do oeste dos Estados Unidos.

O máis importante, que afecta ao condado de Santa Bárbara, ao norte dos Ánxeles, xa arrasou máis de dez mil hectáreas e obrigou a evacuar centos de veciños.

Máis de mil bombeiros están despregados para intentar evitar que as lapas cheguen a varios ranchos da zona, entre eles Neverland, que pertenceu a Michael Jakcson.

No leste dos Ánxeles continúa activo outro incendio forestal que obrigou a desaloxar a estación de esquí do monte Baldy.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade