Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calviño confía en que a UE aprobará pronto fixar topes aos prezos da electricidade

Calviño confía en que a UE aprobará pronto fixar topes aos prezos da electricidade

A ministra de Economía constata un crecente consenso no ECOFIN ás propostas españolas

A UE tamén estuda separar o prezo do gas e da electricidade

Antón Montero 15/03/2022 16:42

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos asegura que hai un "crecente consenso" entre os 27 para tomar medidas que freen o encarecemento da enerxía.

Na xuntanza co resto de ministros de Economía da Unión, Nadia Calviño insistiu na necesidade de separar os prezos da luz e do gas e en fixar límites nos mercados maioristas. Espera que a luz vede de Bruxelas chegue no cumio de xefes de goberno de finas de mes.

"Confío en que nas vindeiras semanas se vai producir unha resposta positiva por parte da Unión Europea que nos permita inmediatamente adoptar a medida a nivel nacional e topar os prezos nos mercados grosistas", dixo Calviño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade