Publicador de contidos
Publicador de contidos

Especialistas no toque manual de campás reúnense na igrexa de Bastavales

Especialistas no toque manual de campás reúnense na igrexa de Bastavales

No segundo congreso deste oficio, declarado patrimonio inmaterial da humanidade, o público puido aprender a repicar

G24.gal 16/06/2024 09:47 Última actualización 16/06/2024 10:38

A igrexa de Bastavales, no concello de Brión, reuniu esta fin de semana especialistas no toque manual de campás, un oficio declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola Unesco no ano 2021. 

Foi o segundo congreso aberto sobre esta arte, tras o celebrado en Cereixo, na Estrada, o pasado ano. Desta volta, organizáronse sete relatorios, coa participación de antropólogos, investigadores, fundidores e campaneiros de toda a Península.

Entre sesión e sesión, houbo exhibición de tanguido e repenique. Tamén o público asistente puido aprender a tocar este instrumento que aínda se escoita en moitos lugares de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade