Cano: "Se cuestionan a Guardiola e Ancelotti cando perden dous partidos, imaxinade a min"
O domingo, Cano agarda non botar de menos o goleador Quiles para recibir a Noel, a última promesa da canteira
O Deportivo vs Real Madrid Castela será o primeiro dun carrusel de duelos directos que terá que afrontar o equipo branquiazul no que queda de tempada. Os de Óscar Cano teñen a oportunidade de poñer distancia co filial branco e evitar ao mesmo tempo que o Alcorcón distánciese no liderado.
Un partido así merece un ambiente ao xeito. Riazor amosará a súa coa mellor cara. Pulo anímico ou presión?
"Estamos todos aliñados. Non sentimos unha lousa, é xente que nos quita estrés"
O encontro é moi importante, pero non tanto. Pura filosofía canoísta.
"Isto vai estar tan axustado que non hai partidos sen importancia nin tampouco ningún excesivamente transcendente"
E ao fío dalgunha crítica, a Cano dálle para unha reflexión máis: o papel dos adestradores no fútbol actual
"Sei o que representamos, o adestrador é o saco de boxeo. Se cuestionan a Guardiola e Ancelotti cando perden dous partidos, imaxinade a Óscar Cano"
O domingo, Cano agarda non botar de menos ao goleador Quiles para recibir a Noel, a última promesa da canteira que voou do niño de Abegondo para buscar fortuna na casa branca.