Carles Planas, co corazón dividido
Carles Planas, co corazón dividido
O ex-xogador de Celta e Barcelona recoñece que celestes e blaugranas son os equipos do seu corazón
O catalán atópase sen equipo esperando ter un oco no mercado invernal
O ex-xogador de Celta e Fútbol Club Barcelona Carles Planas xogou onte Ao contraataque e recoñeceu ter o corazón dividido de cara ao transcendental partido do sábado que enfrontará os seus exequipos en Balaídos.
O xogador de San Celoni defendeu a figura de Iago Aspas coma transcendental para o cadro vigués e tamén tivo palabras de agarimo para o seu excompañeiro Sergio Álvarez, que será homenaxeado polo cadro vigués nos prolegómenos do choque ante os cataláns.
Planas, que xogou no Girona e no AEK chipriota tras deixar o equipo galego, adéstrase pola súa conta en Barcelona á espera de recibir algunha oferta no mercado invernal.