Carlos Alcaraz aprende a sufrir
Carlos Alcaraz aprende a sufrir
Cedeu un set ante o neerlandés De Jong, procedente da previa, nunha xornada marcada pola chuvia
Cando non se pode gañar con brillantez hai que aprender a facelo con sufrimento. Esa máxima repite nos últimos días Carlos Alcaraz, a quen a procura constante do espectáculo xa lle ten xogado algunha mala pasada.
Na segunda rolda de Roland Garros o murciano tivo que aplicala sobre o terreo para derrotar o neerlandés De Jong, procedente da fase previa e número 147 do mundo, en catro sets: 6-3, 6-4, 2-6, 6-2. Durante un intre Alcaraz perdeu o rumbo no terceiro set pero refíxose e acadou o triunfo.
A xornada, pasada pola chuvia na capital francesa, reduciuse aos partidos que puideron xogarse nas pistas con teito. O balance deu tamén para que Pedro Martínez perdese contra o ruso Rublev, sexto favorito, en tres sets. A meirande parte dos partidos previstos para o mércores foron reprogramados para o xoves, malia que a previsión tamén é de choiva.