Carlos Alcaraz cede un set, pero acaba superando a Sonego
Carlos Alcaraz cede un set, pero acaba superando a Sonego
O murciano avanza cara á terceira rolda do Aberto de Australia
Carlos Alcaraz xa está na terceira rolda do Aberto de Australia. Custoulle algo máis do previsto derrotar ao italiano Sonego diante do que cedeu o segundo set, pero acabou sentenciando no tie break do cuarto parcial.
No primeiro set o murciano rachou o servizo do adversario no momento preciso para impoñerse cun 6-4. Na segunda a igualdade foi máxima e Sonego conseguiu levalo a un desempate no que se impuxo por 7-6 (7-3).
A derrota no segundo set esporeou un Carlos Alcaraz que saíu a por todas no terceiro e encamiñouno moi cedo para lograr un 6-3. A igualdade volveu no cuarto e tivo que decidirse o partido no tie break. Aí Alcaraz si que aproveitou a súa calidade e experiencia, non cometeu os erros de antes e resolveu o partido.