Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Alcaraz repite título en Indian Wells

Carlos Alcaraz repite título en Indian Wells

Derrotou a Medvedev en dous sets (7-6, 6-1)

G24.gal 17/03/2024 23:45

O murciano Carlos Alcaraz revalidou a súa coroa no Masters 1.000 de Indian Wells logo de gañar por 7-6 (5) e 6-1 ao ruso Daniil Medvedev na repetición da final de 2023 no deserto de California. 

Logo de poñer fin nas semifinais á xeira de 19 vitorias consecutivas do italiano Jannik Sinner, Alcaraz volveu coroarse en Indian Wells e ergueu o quinto Masters 1.000 da súa carreira. Alcaraz, de 20 anos e gañador de dous Grand Slams, non gañaba un torneo desde que o fixera en Wimbledon no ano 2023 e conseguiu superar o seu adestrador Juan Carlos Ferrero como o segundo español con máis títulos desta categoría (5), só por detrás de Rafael Nadal (36). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar