Carlos Canal ficha por Euskaltel: "Espero estar na nova Volta a Galicia para profesionais"
Carlos Canal ficha por Euskaltel: "Espero estar na nova Volta a Galicia para profesionais"
A próxima tempada o limiao compaxinará asfalto con bicicleta de montaña
Por Zona mixta pasou o corredor de Xinzo para adiantar dúas novas importantes logo da súa fichaxe polo Euskaltel.
“Fichar por Euskaltel era unha opción moi boa para poder facer tamén algo de montaña”, confirmou, ao tempo que afirmaba que esperaba recibir en breve esa bicicleta especial, para compaxinar as dúas modalidades ciclistas.
🚴 O corredor de Xinzo @carloscanal01 ficha por dous anos polo equipo vasco #EuskaltelEuskadi @FundaCiclisEusk ‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 11, 2021
🛰️1º corredor galego que vai pertencer ao Euskaltel
📈 Continúa así coa súa progresión tras ser o ciclista máis novo en participar na pasada @lavuelta co @BurgosBH pic.twitter.com/5wRpTd2BS0
“O obxectivo é a estrada, pero tratarei de facer algunhas probas de montaña”
A experiencia da Volta a España
Logo da dureza da proba do ano pasado, na que combinou sufrimento cunha moi boa experiencia dixo que faría "todo o posible por volver estar na saída da Volta".
En febreiro, na Volta a Galicia
Tamén comentou entre risos que espera estar na partida da Volta polo mes de febreiro e que agarda ter certa vantaxe sobre os compañeiros.
"Sempre dá un punto de motivación correr na casa, e algunha estrada por aquí coñezo", algo que combinará cunhas condicións climáticas das que conta con sobrada experiencia.