Carlos III comprométese a reforzar a relación francobritánica
Carlos III comprométese a reforzar a relación francobritánica
Asegurouno este xoves nunha intervención no Senado galo
O discurso é o único que pronunciará en público durante os tres días de visita en Francia
O rei Carlos III do Reino Unido comprometeuse este xoves a "facer todo o que estea no seu poder para reforzar o vínculo indispensable" entre o seu país e Francia. O monarca pronunciou estas palabras nun discurso ante o Senado galo. É o único que pronunciará en público dentro da súa visita de Estado a ese país.
"Xuntos, o noso potencial é inigualable. Non hai desafío que non poidamos afrontar, como xa demostramos no pasado", asegurou Carlos III.
Carlos III puxo en valor relación "histórica" entre Reino Unido e Francia e lembrou que os dous países xuntos xa afrontaron algúns retos do pasado, e animou a seguir facéndoo nun momento no que, dixo, "o mundo atravesa os maiores desafíos da nosa época".
Na súa intervención, na que mesturou o inglés e o fránces, o monarca asegurou que o cambio climático é a maior ameaza que debe afrontar o planeta.
O soberano británico tamén tivo tempo para repasar a importancia que Francia ten para el no terreo persoal e agradeceu as mostras de apoio que o país galo deu á súa nai, Isabel II.
Esta é a primeira visita que o soberano británico fai a Francia desde a súa chegada ao trono o ano pasado.