Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos III detalla no Parlamento británico o programa do novo Goberno laborista

Carlos III detalla no Parlamento británico o programa do novo Goberno laborista

Impulsar a economía, renacionalizar o ferrocarril e crear unha empresa pública de renovables, entre as medidas do Executivo de Starmer

G24.gal 17/07/2024 14:50

É a segunda vez que Carlos III abre o Parlamento británico como rei. Unha cerimonia solemne marcada pola tradición e os actos que simbolizan a independencia da Cámara dos Comúns, que tras as eleccións do 4 de xullo ten ampla maioría absoluta laborista despois de 14 anos de gobernos conservadores.

A nova lexislatura arranca co discurso do monarca, escrito polo Executivo, que resume o programa lexislativo do novo Goberno, presidido por Keir Starmer, centrado en impulsar a economía: "A estabilidade será a pedra angular da política económica do meu goberno. Baseado nos principios de seguridade, xustiza e oportunidades para todos".

Entre as medidas concretas, a construción dun millón e medio de vivendas e renacionalización do ferrocarril. O Goberno laborista tamén quere crear unha empresa pública de enerxías renovables. Prepara medidas para atallar a inmigración ilegal e obrigará os colexios privados a pagar o IVE. 35 proxectos de lei para unha lexislatura que Starmer resume nun obxectivo "quitarlle os freos ao Reino Unido" para crear riqueza e reconstruír o país.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade