Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e quince feridos pola colisión de dous trens en Gales

Un morto e quince feridos pola colisión de dous trens en Gales

Os convois colidiron a noite pasada cando viaxaban a pouca velocidade polo condado de Powys 

Os feridos foron trasladados ao hospital con lesións leves

Arquivo / Accidente de tren / Ben Birchall / PA Wire / dpa Arquivo / Accidente de tren / Ben Birchall / PA Wire / dpa
G24.gal 22/10/2024 09:38

Un home morreu e quince persoas quedaron feridas leves polo choque de dous trens en Gales, segundo informou este martes a Policía de Transporte Británica.

Os quince feridos foron trasladados a un hospital próximo, despois de que dous trens que viaxaban a baixa velocidade chocasen onte á noite preto da localidade de Llanbrynmair, no condado de Powys.

A ministra principal galesa, Eluned Morgan, dixo na súa conta da rede social X que se solidariza con "todos os implicados" no accidente ferroviario e enviou unha mensaxe de "agradecemento" aos servizos de emerxencia.

Os responsables ferroviarios indicaron que a vía permanecerá pechada mentres continúa a investigación para establecer a causa da colisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade