Casado cede ante a presión dos baróns e convocará un congreso extraodinario
Casado cede ante a presión dos baróns e convocará un congreso extraodinario
A Xunta Directiva Nacional será o próximo martes
Unha parte do grupo parlamentario do PP esixe un Congreso extraordinario e a destitución de Egea
Pablo Casado cita este mércores os líderes autonómicos do PP
Feijóo di que o partido "necesita cambios" e que "todos teñen que tomar decisións"
O presidente do PP, Pablo Casado, cedeu á presión dos baróns e finalmente reunirá o vindeiro martes 1 de marzo á Xunta Directiva Nacional para poñer en marcha o XX Congreso Nacional, que terá carácter extraordinario, segundo indicaron fontes da dirección nacional.
As fontes non confirmaron se o propio Casado accederá a presentarse a ese congreso para ser reelixido ou se, pola contra, dimite do seu cargo nas próximas horas. Dirixentes, baróns e deputados do PP esperan con ansiedade a decisión que poidan adoptar Casado que este martes quedou practicamente sen apoios e ao que mesmo algúns dan por amortizado.
Antes, este mércores pola tarde reunirase cos baróns do seu partido, unha vez que convocou o Comité Autonómico, formado por presidentes autonómicos, presidentes do PP en comunidades e cidades autónomas e o secretario xeral.