Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo anima a Sánchez a aguantar porque serán os españois os que o boten democraticamente

Feijóo anima a Sánchez a aguantar porque serán os españois os que o boten democraticamente

O líder do PP clausura a Intermunicipal celebrada esta fin de semana en Valladolid

Asegura que el non é Pedro Sánchez e que nunca se comportará coma el

Feijóo este domingo en Valladolid
G24.gal 01/12/2024 14:13

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, cre que Pedro Sánchez non debería pasar un día máis na Moncloa, pero pediulle que non dimita e que aguante porque o van botar os españois libre e democraticamente, dixo. Feijóo clausurou esta mañá en Valladolid a intermunicipal do PP.

O presidente do Partido Popular comezou a súa intervención cunha lembranza aos afectados pola DINA e o compromiso de seguir apoiando ata o final a reconstrución.  E a partir de aquí, Alberto Núñez Feijóo centrouse en criticar o congreso socialista e a Pedro Sánchez.

 "Eu non estou aquí para que se ovacione a desvergoña a cambio dun salario, iso é Pedro Sánchez, e eu non son Pedro Sánchez e nunca o serei".

O líder do PP asegura que España nunca tivo un presidente que mentise máis. Acusou o goberno de privilexiar os que máis teñen, de censurar os medios e de ameazar os xuíces ante os presuntos casos de corrupción que lles afectan.

 "Con todo o que mentiron, con todo o que se vai sabendo, con todo o que queda por saber, o normal sería que este goberno non estivese un día máis no cargo e que este presidente non pasase unha noite máis nese centro de negocios que é A Moncloa".

Criticou os cargos socialistas que non se rebelan ante o que considera esboroamento do partido, e tamén os socios parlamentarios do goberno aos que considera cómplices, e avisou de que o PP sacará a España da mentira e da corrupción.

 "Aguanta, Pedro, non dimitas porque non mereces irte cun mínimo de honra. Aguanta, Pedro, porque te imos botar os españois libre e democraticamente, ímolo facer libre e democraticamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade