Casado reúnese cos presidentes autonómicos do partido esta tarde
Casado reúnese cos presidentes autonómicos do partido esta tarde
Ao encontro non foi convocada Isabel Díaz Ayuso
A Casado xa só lle queda un apoio entre os baróns autonómicos, Ana Beltrán, presidenta do PP navarro.
"Estou vendo cunha dor profunda e atónita o ataque desapiadado a Pablo Casado, o que aínda presidente do noso partido", di Ana Beltrán.
López Miras, presidente de Murcia, foi o último barón que se sumou á petición de medidas urxentes.
"O que agardo é que tomemos unha decisión unánime todos, e que sexa moi urxente", afirma Fernando López Miras.
Nesta xuntanza clave para o futuro do Partido Popular, Pablo Casado tampouco vai ter ao seu carón o que ata onte foi a súa man dereita, o xa exsecretario xeral do PP.
"Eu non marcho porque fixésemos nada malo, que non o fixemos. Marcho para facilitar que se convoque un congreso", asegurou Teodoro García Egea.
A saída de Egea foi unha das primeiras peticións que lle fixeron a Casado os dirixentes territoriais, pero semella chegar xa demasiado tarde. Agora agardan que siga o camiño que onte marcou o secretario xeral, para que o Partido Popular poida entrar nunha nova etapa.
"Serán os afiliados os que o decidan e creo que iso tamén é importante. Van ser os afiliados do PP os que van ter a oportunidade nese congreso extraordinario de elixir o líder do Partido Popular, di José Luis Martínez Almeida, alcalde de Madrid.
Unha etapa onde tampouco vai estar Ángel Carromero, persoa de confianza de Martínez-Almeida no Concello de Madrid, sinalado como responsable de espiar a Díaz Ayuso. A semana pasada dimitiu dos seus cargos e hoxe anunciou que deixa o partido.