Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casan en Portomarín logo de coñecerse hai tres anos facendo o Camiño

Casan en Portomarín logo de coñecerse hai tres anos facendo o Camiño

Víctor é de Zaragoza e María, de Valencia, pero quixeron casar en Galicia

Din que pensan volver á vila do Miño sempre que poidan

G24.gal 01/08/2024 21:15

Esta escaleira na entrada de Portomarín é unha das imaxes máis recoñecidas do Camiño de Santiago. E algo terá de especial porque aquí foi onde se viron por vez primeira Víctor e María. Tres anos despois daquel primeiro encontro en plena pandemia, decidiron regresar aquí para casar. E eso que ningún deles é galego. De feito, a pedida de man foi neste mesmo punto onde se coñeceron.

"Levamos tempo con estes preparativos. É de tolos, pero non estou nerviosa".

"Non houbo problemas para que veñan todos os invitados".

Víctor é de Zaragoza e María, de Valencia, e residen na capital aragonesa. Malia a distancia, non dubidaron en facer vir ata Galicia os seus familiares e achegados para a cerimonia. Tan só as avoas quedaron na casa para evitarlles a viaxe. E é que casar no Camiño é para eles un acto cargado de simbolismo, como demostran as frechas da ruta que teñen tatuadas.

"Dende que nos coñecemos, viñemos todos os anos a Galicia".

"Estamos encantados de que se coñeza a nosa historia".

Á voda, que terá lugar na igrexa de San Xoán, asisten máis de 100 convidados, que xa se deixan ver por Sarria e Portomarín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade