Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case toda España en alerta por altas temperaturas que no sur superarán os 40 graos

Case toda España en alerta por altas temperaturas que no sur superarán os 40 graos

 Nalgunhas zonas de Andalucía os termómetros chegaran aos 43 graos

Xente á sombra nun parque de Bilbao
G24.gal 14/06/2022 14:21

A primeira vaga de calor deste ano está deixando temperaturas excepcionalmente altas en toda a Península, que chegarán ao seu máximo nivel ao longo desta xornada e da seguinte.
A primeiras horas desta tarde, os termómetros marcaban xa 40 graos en Sevilla, 39 en Cidade Real e por riba de 30 en Bilbao.

"Que queres que che diga que non hai que o aguante. Estámonos cargando o planeta e nos responde desta maneira".

"Hai que ir buscando a sombra. Como vaias polo sol pois a verdade é que se nota unha calor húmida tamén".

En Madrid, a calixe impedía ver con nitidez o perfil urbano e nos traballos que requiren máis esforzo físico tómanse medidas para evitar as horas de maior exposición ao sol.

"Cambiamos os horarios no verán para vir antes e saír ao mediodía, evitando as horas fortes de calor pola tarde".

"Moita auga con xeo é o que temos na neveira e é o que hai".

En todas as comunidades, agás Asturias e as Canarias, permanece activada a alerta amarela ou laranxa por altas temperaturas. Nalgunhas zonas de Andalucía os termómetros chegaran aos 43 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar