O mal tempo complica a campaña do percebe de Cedeira
O mal tempo complica a campaña do percebe de Cedeira
O prezo do crustáceo xa alcanzou os cento cincuenta euros o quilo na lonxa
Hai un ano, o quilo do percebe de maior calidade pagouse a preto de douscento cincuenta euros na lonxa de Cedeira. Este Nadal o prezo do crustáceo posiblemente será aínda maior porque hai pouco e hai previsión de mala mar a partir da semana que vén.
Diego Iglesias distribúe marisco a clientes de toda España, especialmente percebes. Pagou este lote a 158 euros o quilo. A partir da semana que vén a escalada de prezos está asegurada e será, como mínimo, tan potente como a da última campaña de Nadal.
"O ano pasado chegouse a pagar a 258 euros o prezo máximo, houbo prezos moi bos de media e este ano non vai ser menos", explica.
Os percebeiros estaban autorizados para faenar este sábado, pero moi poucos decidiron poñer o neopreno.
"Fomos porque hai demanda de percebe e realmente e agora mesmo e o xornal que imos facer, pero fomos os únicos", conta Carlos Grandal.
Animados pola demanda e os prezos, arriscáronse a traballar con mala mar, pero apenas apañaron oito quilos de percebes. De aquí ao Nadal as previsións meteorolóxicas non son boas.
"Supostamene o luns vai estar ben, pero a partir do martes vai a peor e despois ata o 28 posiblemete non se poderá ir ningún día", detalla o percebeiro.
A calidade do percebe de Cedeira é incuestionable. Este Nadal chegará ás prazas de abastos, previsiblemente en menor cantidade e a maior prezo que en anos anteriores.