Publicador de contidos
Publicador de contidos

Casimiro confirma a lesión de Nakic: "É un pau moi duro"

Casimiro confirma a lesión de Nakic: "É un pau moi duro"

O adestrador do Breogán eloxiou ao Tenerife e asegurou que o duelo deste domingo é de "máxima dificultade"

Foto @CBBreogan
G24.gal 31/01/2025 14:42 Última actualización 31/01/2025 14:50

O adestrador del Río Breogán, Luis Casimiro, asegurou este venres que o equipo lucense perderá a Toni Nakic nos seguintes partidos por unha lesión de nocello que se produciu el só no adestramento deste xoves.

"Foi unha semana cargada de acontecementos negativos", lamentou o técnico.

"Perdemos a Nakic, dobrouse o nocello nunha acción fortuíta e ímolo a perder unha marxe de tempo. Para os dous partidos que quedan antes da Copa do Rey e as xanelas non imos poder contar con el, é un hándicap máis para o equipo e un pau moi duro".

Para Casimiro, o obxectivo do Breogán é "arrimar o ombreiro" para evitar que se note a ausencia do aleiro croata e restou importancia á saída de John Egbunu.

"Nos partidos nos que estivo John saímos adiante con Jordan Sakho e Dragan Apic, non creo que aí cambie nada, quédanos Eric Vila de catro puro e o resto terá que arrimar o ombreiro para substituír a Nakic, porque tivo moitos minutos e boas anotacións", explicou.

"Hai que superalo como o fixo o equipo desde que cheguei, son problemas que van xurdindo pero todos os 'coaching' din que dos problemas hai que sacar oportunidades".

O adestrador do Breogán eloxiou ao Tenerife e asegurou que o duelo deste domingo é de "máxima dificultade"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar