Publicador de contidos
Publicador de contidos

A área de Vigo amosa síntomas de desaceleración no ritmo de contaxios

A área de Vigo amosa síntomas de desaceleración no ritmo de contaxios

Suma 1.808 positivos, 541 menos que hai unha semana

G24.gal 22/01/2022 15:04

A área sanitaria de Vigo segue a ter a cifra máis alta de contaxios pero comeza a notarse unha pequena desaceleración. Segundo os últimos datos do Sergas, notificáronse 1.808 novos casos nas últimas vinte e catro horas. Son 541 menos que hai unha semana.

A presión hospitalaria mantense estable, logo de rexistrarse este martes o pico da sexta vaga, que comezou a finais de novembro. Daquela había un cento de persoas ingresadas. Este sábado son 77, oito nas unidades de coidados intensivos.

A desescalada semella inminente. Porén, os datos dalgúns concellos indican que a baixada vai ser lenta. A incidencia acumulada a sete días na cidade de Vigo supera os 5.000 casos por 100.000 habitantes. En municipios como Redondela ou Ponteareas, sitúase por riba dos 500. 

Dende que comezou o ano, esta área sanitaria suma 33 falecementos de persoas diagnosticadas coa covid-19.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade