Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castillo dá marcha atrás na restrición da mobilidade no Perú

Castillo dá marcha atrás na restrición da mobilidade no Perú

O toque de recollida fora decretado como consecuencia das protestas contra a suba de prezos

Manifestación en Lima este martes que acabou con feridos e estragos
G24.gal 06/04/2022 08:14

O presidente do Perú Pedro Castillo deu marcha atrás na aplicación do toque de recollida decretado en Lima e Callao tras as fortes críticas desde o ámbito político e a protesta de miles de cidadáns nas rúas da capital.

A manifestación acabou co ataque a unha sede do poder xudicial e altercados violentos que ocasionaron feridos e estragos en Lima.

A orde de restrición da mobilidade agora revertida foi a resposta do Goberno de Castillo ao paro de transportistas que bloqueou rutas e ocasionou disturbios violentos en protesta pola carestía dos carburantes e as peaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade