Publicador de contidos
Publicador de contidos

Castro de Rei terá un caixeiro automático

Castro de Rei terá un caixeiro automático

Dará servizo a unhas 1.500 persoas

G24.gal 08/01/2023 19:28 Última actualización 08/01/2023 20:00

Prevese que este caixeiro de correos empece a funcionar nuns días. A partir daquela, en Castro de Rei xa será posible facer operacións bancarias básicas como ingresar ou retirar cartos, ou pagar recibos, algo que non se podía facer dende hai 13 anos, cando pechou a sucursal bancaria deste lugar. Non é fácil de entender que Castro de Rei, capitalidade municipal e onde está a casa consistorial, a biblioteca, Correos e mesmo o cuartel da Garda Civil, non tivera nin sucursal nin caixeiro.

O alcalde explícanos que este concello é o segundo no que máis leite se produce da provincia de Lugo e o cuarto de Galicia; un dato importante para ter en conta que aquí se moven cartos, e que malia que esta é a zona con máis gandeiros, ata o de agora todos os veciños tiñan que desprazarse dentro do mesmo concello quince quilómetros ata a localidade de Castro Ribeiras de Lea para poder ir ao banco, a non ser que se usase a banca dixital.

O caixeiro, que dará servizo a unhas 1.500 persoas, foi posible grazas a un convenio entre o Concello e Correos xa que, como hai catro entidades bancarias noutra localidade do municipio, o Concello non podía acollerse á instalación de caixeiros da Xunta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade