Cataluña quere libres de fume as terrazas e as marquesiñas do bus
Cataluña quere libres de fume as terrazas e as marquesiñas do bus
Prepara unha norma que tamén prohibe fumar preto de colexios e hospitais
A proposta adiántase á reforma que está encallada no Ministerio de Sanidade
Cataluña ten a intención de declarar espazos libres de fume as terrazas de hostalería, as marquesiñas das paradas de autobús e as contornas dos colexios e hospitais.
Non se poderá fumar tampouco en praias, parques ou estadios deportivos, se prospera a reforma da lei antitabaco que pretende o Ministerio de Sanidade e que agora está paralizada.
De momento, en vista de que a nivel estatal non hai unha lei común, son as comunidades as que determinan onde non se permite fumar. Outro asunto é se a medida será aceptada.
A norma non entrou en vigor, agás en Baleares e Valencia, onde se mantén desde as restricións impostas polo coronavirus, pero Sanidade mesmo contempla prohibir fumar nos coches particulares.