Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia acusada de prostituír mulleres en Ferrol e Narón di que o facían de xeito voluntario

A familia acusada de prostituír mulleres en Ferrol e Narón di que o facían de xeito voluntario

Os catro acusados enfróntanse a unha petición de penas de 21 a 101 anos de cadea por un delito de trata de seres humanos con fins de explotación sexual

As defensas piden para todos eles a libre absolución

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
Imaxe do xuizo celebrado este xoves
G24.gal 06/03/2025 14:39

A Fiscalía pide penas que van dos 21 aos 101 de cadea para catro acusados de varios delitos de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, contra a inmigración ilegal e contra a saúde pública en Ferrol e Narón.

Os catro acusados que sentan no banco son familiares e, segundo a fiscalía, entre o 2019 e o 2023 formaban unha banda organizada dedicada a traer a España desde Paraguai mulleres para forzalas a exercer a prostitución nun piso en Narón e outro en Ferrol. Engade esta acusación que, para saldar unha suposta débeda polo seu traslado, de entre 3.000 e 7.000 euros, lles subtraían a totalidade dos cartos que recibían dos clientes ata cubrir esa cantidade. Despois, quedaban coa metade dos seus beneficios. Uns feitos que os acusados negaron na sala.

"Eu ofrecíalles o servizo completo: a casa, comida, limpeza, roupa... Todo. E os anuncios tamén, que se pagaban. Como vou traballar gratis? Algunhas dábanme o 40 ou o 50 por cento", di unha das acusadas.

"Di vostede: en Paraguai, cando as entrevistamos, a unha convidámola á casa. Unha servía. A outra non servía para nada. Lembra isto?", pregúntalle a fiscala a un dos procesados. "Eu en ningún momento en Paraguai falei con ningunha moza", respondeu.

O ministerio público acúsaos tamén de forzar as nove vítimas a subministrar drogas aos que acudían a ambos os dous pisos e a estar dispoñibles todos os días e a calquera hora. 

"Polo que respecta ás miñas clientas, polo menos, é absolutamente incerto que manexaran ese tipo de substancias en ningún momento", explica Julio Barros, o avogado da defensa.

Tamén son investigados por coaccionar as vítimas dicíndolles que, se trataban de fuxir, a policía ía deportalas.

Porén, as defensas piden para os catro a libre absolución.

"Pedimos a libre absolución porque estas persoas exercían libremente a prostitución", engade José Ramón Sierra, avogado da defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade