Cargando resultados...
Orde de busca e captura para o acusado de violar outro home nun aparcadoiro de Vigo
O acusado non se presentou no xuizo en que afronta 11 anos de cadea

G24.gal
18/03/2025 13:10
Orden de busca e captura para o home acusado de violar outro nun aparcadoiro de Vigo. O procesado non compareceu hoxe nos xulgados de Vigo en que se celebraba o xuizo polo que se enfronta a once anos de cárcere. Supostamente, agrediu sexualmente a outro home nos baños dun aparcadoiro da rúa Rosalía de Castro. Foi en maio do 2022 e tamén está acusado de roubar o móbil da vítima.
O procesado non apareceu este martes no xuízo e o seu avogado tampouco deu contactado con el, polo que a Seccion Quinta da Provincial de Pontevedra ordenou a busca, captura e ingreso en prisión do acusado.