Catro equipos máis confirman a súa presenza n'O Gran Camiño
Catro equipos máis confirman a súa presenza n'O Gran Camiño
Euskaltel, Burgos BH, Caja Rural e Kern Pharma estarán na gran volta por etapas galega
Catro clásicos do pelotón español confirmaron a súa presenza n'O Gran Camiño, a volta por etapas que percorrerá Galicia do 23 ao 26 de febreiro e que se poderá ver pola G2.
Euskaltel, Burgos BH, Caja Rural e Kern Pharma engádense á lista de equipos que xa se anunciaran con anterioridade.
💥 Non podían faltar!! @euskaltelteam @BurgosBH @EqKernPharma e @CajaRural_RGA estarán no Gran Camiño. Grandes axitadores de cada unha das etapas, sendo protagonistas prácticamente a diario. Benvidos! 👋🏻 pic.twitter.com/wHvOZm1WYE
— O Gran Camiño (@ograncamino_igt) February 7, 2023
Para este ano, a gran novidade na proba será a presenza do Jumbo Visma, o mellor equipo do mundo, que contará coa presenza do último gañador do Tour de Francia Jonas Vindegaard como grande estrela. Tampouco faltarán o Movistar, o Astana ou o Cofidis, todos eles equipos Pro Tour.