Cargando resultados...
Catro galegas, na selección campioa de Europa de Futsal
Catro galegas, na selección campioa de Europa de Futsal
Silvia Aguete, Luci Gomez, Ale de Paz e Antía Pérez, catro galegas, nunha selección imbatible
G24.gal
21/03/2023 14:07
Última actualización 21/03/2023 14:42
O fútbol sala feminino escríbese en Galicia con letras maiúsculas e cunha medalla de ouro como a que colgan no pescozo Silvia Aguete, Luci Gomez, Ale de Paz e Antía Pérez. Catro galegas, integrantes dunha selección imbatible, que se proclamou por terceira vez campioa de Europa, e que hoxe recibiu unha merecida homenaxe na Cidade do Fútbol.
Ale de Paz: "O equipo non ten teito. Temos moita fame de títulos e de campionatos"
As campioas de Europa reclaman, tal e como prometera a FIFA, que dunha vez por todas se celebre o mundial de fútbol sala feminino.
Silvia Aguete: "Oxalá chegue o antes posible. Non hai aínda nada concretado"