Teresa Portela métese na Copa do Mundo o día do seu 40 aniversario
Teresa Portela métese na Copa do Mundo o día do seu 40 aniversario
Oito padexeiros galegos estarán na República Checa, primeira gran cita camiño dos Xogos de París
Arévalo e Germade volverán ser pezas chave do K4 500 masculino
Antía Jácome, que compite a carón de María Cornera, non tivo rival no C2
Teresa Portela, o día do seu 40 aniversario, acadou a clasificación para a Copa do Mundo de Racice co K4. A proba da República Checa, neste mes de maio, servirá para ir pulindo os equipos que representen a España no Mundial e no Europeo que se disputarán neste 2022. Portela acadouno a carón da tamén galega Carolina García, de Laia Pelachs e de Sara Ouzande.
Non tivo rival o K4 500 cos galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade. Xunto a Craviotto e Cooper dominaron a súa disciplina cunha gran autoridade e seguirán como unha referencia mundial dentro da especialidade tentando derrotar a Alemaña, que lles quitaron o ouro olímpico nos últimos Xogos. Tamén estará en Racice Cristian Toro no outro K4, que acadou o segundo posto nun equipo que lidera canda Garrote.
Outra que estivo nas olimpíadas e estará na Copa do Mundo é Antía Jácome. A pontevedresa compite no C2 500 con María Corbera, unha parella chamada a darlle grandes alegrías ao piragüismo español. Foron outro dos equipos que dominou dun xeito insultante o selectivo por diante da parella que forman a galega Claudia Couto e Julia Espinosa, tamén clasificadas. En categoría masculina, Adrián Sieiro tamén gañou a súa presenza ao rematar na segunda posición.