Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro mortos en Zaporizhzhia nun ataque ruso cunha bomba guiada

Catro mortos en Zaporizhzhia nun ataque ruso cunha bomba guiada

Once persoas quedaron feridas de diversa consideración

G24.gal 10/07/2023 10:43

Un ataque ruso cunha bomba aérea guiada matou hoxe catro persoas na cidade de Orikhiv, controlada polo Goberno de Kíiv e situada na liña da fronte na rexión de Zaporizhzhia do sueste de Ucraína, informou a Administración Militar da zona nun comunicado.

“Os ruscistas cometeron un crime de guerra na fronte de Orikhiv”, escribiu na súa conta de Telegram o xefe da Administración Militar Yuri Malashko.

Os ucraínos usan o termo "ruscista", unha combinación entre as palabras "ruso" e "fascista", para referirse aos rusos que apoian o expansionismo militar do seu país.

Malashko engadiu que as forzas rusas “lanzaron unha bomba aérea guiada mentres se distribuía axuda humanitaria nunha zona residencial”.

Os falecidos son tres mulleres de 43, 45 e 47 anos e un home de 47. Once persoas foron feridas de diversa consideración.

As bombas guiadas teñen unha autonomía de varias decenas de quilómetros, o cal permite aos avións que as disparan lanzalas contra os seus obxectivos sen achegarse á zona en que estes son vulnerables ás defensas antiaéreas inimigas. Rusia utilízaas a miúdo na zona da fronte.

Segundo Malashko, Rusia lanzou nas últimas horas un total de 36 ataques contra localidades da rexión de Zaporizhzhia controladas por Ucraína, que lanzou hai unhas cinco semanas a súa esperada contraofensiva terrestre nunha zona da fronte do leste e outras dúas seccións da liña de contacto situadas no sur.

A localidade de Orikhiv está preto dunha das zonas en que as forzas ucraínas están atacando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade