Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celébrase en Santiago o Talentia Summit, foro de emprego para evitar a fuga de talentos

Celébrase en Santiago o Talentia Summit, foro de emprego para evitar a fuga de talentos

A maioría de vacantes está nas empresas tecnolóxicas, no sector da alimentación ou na industria

G24.gal 18/11/2021 09:26

Na feira de Talentia Summit ofrécense máis de 300 postos de traballo. É o maior evento de emprego estatal, e nesta edición celébrase dun xeito híbrido, presencial e en liña.

Na inauguración están presentes a ministra de Educación, o presidente da Xunta e o alcalde de Santiago, e participarán oito conferenciantes de prestixio, entre eles, o CEO de Netex Learning Carlos Ezquerro.

Esta empresa galega está centrada en aplicar tecnoloxía no mundo da educación. Editoriais, universidades e departamentos de formación en empresas son os seus clientes. Ten sede en varias cidades españolas e en varios países, como Inglaterra, o Brasil e México.

Carlos Ezquerro declarou a Televisión de Galicia no informativo Bos días:

"En Galicia pódese, levamos vinte e cinco anos loitando e pasaron moitas cousas. Acentuouse o mundo dixital, escoitamos música, vemos a televisión e a formación tecnolóxica ten un reto importantísimo".

"Hai que reciclarse e formarse a cada pouco, o 30 por cento das competencias quedan obsoletas despois de cinco anos. Son obxectivos importantes. Tamén temos o reto de atraer a xente. De todos os xeitos, é moi difícil atopar persoas cualificadas neste terreo".

"Temos que prepararnos constantemente, non teñen sentido os programas formativos de moito tempo".

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade