Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centenario de María Casares, a actriz que falaba francés con acento galego

Centenario de María Casares, a actriz que falaba francés con acento galego

Este 21 de novembro fai 100 anos do nacemento de María Casares na Coruña

A actriz viviu en Francia toda a súa vida, logo de exiliarse polo golpe de estado do 36

A biografía que escribiu Anne Plantagenet, A única, pode lerse en galego en Kalandraka

G24.gal 21/11/2022 11:19

A vida de María Casares e da súa familia volve comezar ese día de 1936 no que poñen pé en Francia, aínda que a pequena María nacera uns anos antes, en 1922, na Coruña. Filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro da II República do Goberno de Azaña, o golpe de estado puxo un obxectivo nas súas costas e nai e filla foxen a Francia á espera de reatoparse co pai. Comeza así a historia de amor, paixón e dor entre Casares e o novo país.

Unha das persoas que mellor coñece a María Casares é a escritora francesa Anne Plantagenet, autora da biografía L'unique, A única, que agora podemos ler en galego en Kalandraka, con tradución de Isabel Soto. Con vontade literaria, Plantagenet preséntanos a unha Casares que se fai a si mesma en Francia como actriz, como muller e como exiliada. A galega María Casares é en Francia a gran actriz de teatro nacional. Unha figura recuperada en parte grazas a esta biografía, a medio camiño entre o relato vital e a novela; e con acento francés.

Este 21 de novembro fanse 100 anos do nacemento de María Casares na cidade da Coruña. Un lugar ao que volvería só unha vez, 40 anos despois, en 1976, unha vez morto Franco. A súa relación con Galicia era conflitiva, pero ela sempre se considerou galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade