Centola e camarón, as estrelas do mercado de marisco tamén o último día do ano
Centola e camarón, as estrelas do mercado de marisco tamén o último día do ano
Centola e camarón, os mariscos preferidos tamén para o último día do ano
Os prezos do peixe e marisco non aumentan moito o día 31 de decembro
Moitas familias esperan ata o último momento para mercar a cea do 31
Visitamos o mercado na procura dos produtos estrela, os máis buscados, aínda que sexa a última hora, xa. Pensamos na cea do día 31 e vemos que son moitas as familias que esperan a última hora para mercar o peixe ou marisco.
A cigala anda entre os cento dez e os cento cincuenta euros. Hai percebes desde noventa ata trescentos euros, e o camarón anda polos oitenta euros o quilo.
Peixe para forno é un clásico nas últimas horas do ano.
Nos días de festa do Nadal, hai quen non mira o prezo. O importante é outra cousa.
Marisco e peixe, sempre ingredientes que encaixan nunha celebración, sexa a última do ano, a primeira ou calquera outra. A cousa é gozar do momento.