Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas maniféstanse contra as políticas de Abel Caballero

Centos de persoas maniféstanse contra as políticas de Abel Caballero

Denuncian que o rexedor non escoita as voces críticas

G24.gal 05/02/2023 14:14 Última actualización 05/02/2023 15:07

Centos de persoas pertencentes a preto de vinte colectivos de Vigo manifestáronse este domingo contra as políticas de Abel Caballero. Piden que o alcalde os reciba e escoite porque, segundo denuncian, non fai caso nin dá explicacións ás voces críticas.

Na mobilización participaron persoas afectadas polo Nadal vigués, polo túnel do paseo de Alfonso, polo vial Beade-Bembrive, persoal de VITRASA e colectivos culturais e sociais.

A manifestación estaba concibida inicialmente como unha concentración e rematou coa lectura dun manifesto a varias voces na Porta do Sol despois de percorrer a rúa do Príncipe en ambos os dous sentidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade