Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas saen ás rúas en Galicia para reclamar democracia en Venezuela

Centos de persoas saen ás rúas en Galicia para reclamar democracia en Venezuela

Xornada de mobilización en todo o mundo para reivindicar o triunfo do opositor Edmundo González nas últimas eleccións

G24.gal 28/09/2024 22:51 Última actualización 28/09/2024 23:07

Case unha vintena de manifestacións pediron este sábado en Galicia democracia para Venezuela e tamén o apoio da clase política e da cidadanía española.

Estamos ante unha protesta mundial a prol da liberdade en Venezuela e en contra da fraude electoral, que en Galicia ten seguimento nas catro capitais de provincia e en catorce localidades máis, desde Ferrol ata Moaña.

En Santiago de Compostela, a concentración comezou ás 20:00 horas reclamándolle a Maduro as actas electorais. 

Vigo foi unha das cidades con máis presenza de venezolanos expatriados. Pedíanlles axuda aos políticos e á sociedade civil española para que -din- Venezuela retorne á democracia.

"Que por favor recoñezan a Edmundo González Urrutia como o presidente electo. Esixímoslle, por suposto, á Corte Penal Internacional máis contundencia".

"Hoxe fai dous meses do extraordinario triunfo electoral que se logrou en Venezuela".

"Queremos dicirlle ao mundo que en Venezuela queremos liberdade como calquera pobo deste século".

Diferentes cargos do PPdeG sumáronse ás protestas. Na Praza do Obradoiro, a secretaria xeral do partido, Paula Prado, esixiu o recoñecemento de Edmundo González como presidente electo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade