Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo converte a Porta do Sol nun ximnasio ao aire libre

Vigo converte a Porta do Sol nun ximnasio ao aire libre

A cidade é a sede española da Semana Europea do Deporte, que pretende combater o sedentarismo

G24.gal 28/09/2024 21:45 Última actualización 28/09/2024 22:14

Vigo é a sede da semana europea do deporte, unha iniciativa creada pola Comisión Europea hai case unha década para combater o sedentarismo.

Esta mesma tarde a Porta do Sol converteuse nun ximnasio ao aire libre. Alí puidemos ver nove olímpicos galegos, entre eles Susana Rodríguez, recente ouro nos xogos parolímpicos de París. 

O que quixo puido manterse activo, que é o lema da semana europea do deporte. Vigo é a sede española escollida para promover sete días de actividade física nun tempo, o actual no que un dos grandes pecados son o sedentarismo e a obesidade en aumento de nenos e maiores. A Porta do Sol foi este sábado un polideportivo para os vigueses.  

"Pensar no deporte como un dereito, esa idea de actividade esencial, o dereito de todos os cidadáns. Por suposto  que a nosa preocupación tamén é competir, estar nas grandes competicións con éxito. Pero ao final o valor real do deporte é un dereito da cidadanía, que combata o sedentarismo e favoreza a saúde", di José Manuel Rodríguez Uribes, presidente do Consello Superior de Deportes.

Sobre o escenario central do evento estaban nove deportistas olímpicos vigueses, desde o atleta Carlos Pérez que participou en Roma 1960 ata a recente medalla douro parolímpico de París, a triatleta Susana Rodríguez. 

"Calquera reunión que hai con compañeiros e compañeiras que teñan estado nos Xogos Olímpicos ou Parolímpicos creo que é especial para nós. Porque aínda que pertencemos a distintas modalidades deportivas todos temos o mesmo camiño para chegar aos Xogos. E sempre gusta coincidir nalgún lugar, poder ter uns minutiños para a parola e saber como lle vai a vida a todo o mundo", di a TVG Susana Rodríguez, triatleta parolímpica. 

A semana europea do deporte 2024, que se celebra ao tempo en 27 cidades dos 27 países da Unión, traballa sobre os valores da inclusión, benestar e pertenza.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos