Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Vía da Prata, un novo destino turístico para ofertar desde Roma

A Vía da Prata, un novo destino turístico para ofertar desde Roma

Operadores turísticos italianos percorreron os principais atractivos da Vía da Prata durante unha semana

Os paquetes ofertados incluirán turismo termal, cultural, gastronómico e de natureza

G24.gal 28/09/2024 21:20 Última actualización 28/09/2024 22:36

Un grupo de turoperadores italianos visita a ruta da Prata para ofrecer esta vía como un novo destino en Galicia. Camiño, paisaxe, termalismo e gastronomía son algúns dos principais atractivos que levarán de volta a Roma para ofrecerlles aos seus clientes.

Italianos, portugueses e franceses son os turistas europeos que máis visitan Santiago e moitos deles fano a través dalgún dos camiños. Pero a vía da Prata que sobe desde terras andaluzas non é a máis coñecida, polo menos para os veciños do Mediterráneo. 

"Eles buscan o punto de poder ver patrimonio diferente a nivel arquitectónico e natural e coñecer a idiosincrasia de cada territorio", asegura Ofelia Gómez Estalote, da Axencia de Turismo de Galicia.

Desde Roma, Santiago é un destino demandado. O que buscan agora os touroperadores é ofrecer outro xeito de chegar ata a cidade percorrendo unha Galicia máis descoñecida.

"Vin que é un territorio moi interesante desde o punto de vista histórico, arqueolóxico e cultural. Non só por Santiago, como centro neurálxico", explica Mara Civitelli, operadora italiana.

"O turismo termal pode ser interesante para os italianos, penso que si. Ofrecer un paquete de viaxe para atraer esa xente que lle gustan as termas e ver cultura e natureza", valora Silvia Sawatori, que estes días tamén percorreu a Vía da Prata para ofertala en Roma.

A combinación destes atractivos coa enogastronomía ofreceralle ao turista italiano unha experiencia diferente á que se ofertaba ata agora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade