Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega á Coruña o negocio dos paquetes sorpresa

Chega á Coruña o negocio dos paquetes sorpresa

Unha tenda pon á venda a prezo fixo devolucións de clientes insatisfeitos que mercaron no comercio electrónico

G24.gal 06/08/2024 14:09

Son paquetes pechados que no seu día foron devoltos por clientes insatisfeitos. Aquí convértense en caixas sorpresa que calquera pode mercar.

Axitar e examinar, algúns apostan polo volume, outros máis polo peso. Pero á maioría o que máis lles atrae é o efecto sorpresa.

A sorpresa e tamén a diversión por adiviñar que pode conter cada paquete leva a algúns compradores a gastar ata 50 euros nunha única compra. Tamén hai quen fixo desta práctica unha afección converténdose nun cazador de tesouros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade