Publicador de contidos

Publicador de contidos

A temible costa de xaneiro xa está aquí

A temible costa de xaneiro xa está aquí

Tras os excesivos gastos do Nadal toca afrontar o comezo do ano con precaución

G24.gal 10/01/2025 14:35

"Nótase... Hai que apertar o cinto. Xa tarda cobrar". Fala da temida costa de xaneiro. "De xaneiro, de febreiro, e podes seguir así con todos os meses".

E isto reflíctese no comercio, malia haber rebaixas, e tamén nos mercados. "A xente si pregunta o prezo". "É que agora está todo carísimo".

Amais hai que sumarlle o exceso de gasto no Nadal, que agora, como cada ano, fai afrontar con precaución este primeiro mes do ano. "Coas festas todo o mundo gasta máis do que ten e despois, en xaneiro, coa suba de prezos, nótase moito". "Que se fai moi longo. En vez de ter 31 días, parece que ten moitos máis".

Pero quen máis quen menos sabe como sobrevivir á costa de xaneiro. "Evitando os gastos superfluos". "Non ir ás rebaixas se non é necesario". "Xa non saímos xantar fóra".  "Como din na aldea: hai que gardar das risas para as choras".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade